Inicio »
Servicios »
Noticias »
PRESENTOUSE TAMÉN O NOVO LOGOTIPO DE EM-REDE
En-rede pasa a denominarse EM-REDE
As 32 persoas que acudiron á quinta reunión de traballo da Rede de iniciativas empresariais de Santiago e Comarca, en representación de 23 das 43 empresas que compoñen actualmente a rede, tomaron, entre outras, a decisión de cambiar a denominación en-rede pola de EM-REDE.
26/01/08 No transcurso desta xuntanza, que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2008 en Santiago de Compostela e que se prolongou durante 3 horas, tratáronse e/ou presentáronse as seguintes cuestións:
- A denominación en-rede, escollida o día 20 de decembro de 2007, modificouse por decisión da maioría dos asistentes pasando a ser EM-REDE.
- A presentación do logotipo da rede por parte da empresa gañadora do concurso, In-koloro.
- A presentación do deseño e a distribución do novo Directorio de Empresas
- A utilización do foro da web: www.equalcompostela.org.
- A creación dunha páxina web de EM-REDE.
- A publicidade de EM-REDE nos medios de comunicación.
- A posibilidade de constituírse en asociación.
- Todo o relativo a colaboracións, promocións e ofertas entre as empresas de EM-REDE.