Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidad
Intranet

Acceso a cursos en línea


Inicio » Servicios » Noticias »

Os membros de EM-Rede reuníronse o pasado mes de decembro nun almorzo no Auditorio de Galicia

Os membros de EM-Rede reuníronse o pasado mes de decembro nun almorzo no Auditorio de Galicia

TOMA DE DECISIÓNS EM-REDE

Aberto o prazo de inscrición para a cea de traballo da Rede de Iniciativas Empresariais

A Rede de Iniciativas Empresariais de Compostela e Comarca vai celebrar a súa primeira cea de traballo o vindeiro venres día 25. No trascurso deste encontro trataranse temas como a posibilidade de establecer a rede como unha asociación e presentarase o novo directorio de empresas Em-Rede.
16/01/08 No transcurso deste acto, que está programado para as 21:30 horas nun lugar aínda por determinar (en canto se coñeza daremos conta del nesta web), os organizadores desta reunión encargaranse de ir presentando aos asistentes os contidos que se abordarán durante a cea:
  1. Cambios na denominación da Rede
  2. Presentación do logotipo da Rede
  3. Presentación do deseño do Novo Directorio de empresas de EM-REDE
  4. Distribución dos 500 exemplares de directorios
  5. Utilización do Foro da web: www.equalcompostela.org
  6. Creación da nosa propia páxina web
  7. Formas de Publicidade de EM-REDE nos medios de comunicación
  8. Posibilidade de establecernos como Asociación
  9. Colaboracións, promocións e ofertas entre as empresas de EM-REDE
  10. Seguros
  11. Outros temas de interese para as persoas asistentes

As inscricións para participar na cea deben facerse antes do día 20 de xaneiro enviando unha mensaxe ao Foro da Rede Empresarial desta web (lembra que usando esta opción a túa mensaxe será publicada nese espazo) ou enviando un mail á dirección de correo electrónica: elainteriorismoa r r o b agmail.com

O menú da cea de traballo está subvencionado en parte polo Proxecto Equal Compostela Social, polo que as persoas que asistán unicamente terían que facer unha achega estimada de entre 3 e 5 euros. O prezo determinará en todo caso cando a organización coñeza exactamente o número de persoas que van a asistir á cea.
Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo