Inicio »
Rede empresarial »
Obxectivos »
Obxectivos
A Rede de Cooperación Empresarial ten por obxecto
fomentar o desenvolvemento de proxectos de cooperación empresarial que axuden ás iniciativas empresariais xurdidas ao abeiro de
ECS a mellorar a súa competitividade e a manter unha posición sólida no mercado,
Esta cooperación permitiralle a estas empresas, así como a aquelas que se unan no futuro á Rede de ECS, acadar unha maior dimensión operativa e capacidade de actuación, a contribuír á mellora das súas perspectivas de viabilidade e mesmo a promover alianzas estratéxicas.
A
RCE pon a disposición de todas aquelas empresas xurdidas dentro de ECS, daquelas que creen dentro da comarca de Santiago de Compostela un
foro de encontro, debate e cooperación empresarial no que poidan compartir información e establecer programas de axuda mutua.
Os principais obxectivos que procura esta rede son:
- Promover sinerxias e apoios entre as propias empresas da Rede
- Favorecer un maior acceso e xestión dos recursos e de información de interese para a Rede
- Organizar a información que chegue á Rede tanto procedente das empresas asociadas como doutras empresas, doutros organismos, entidades e institucións que prestan servizos relacionados co mundo empresarial
- Mellorar a formación xeral e específica, facilitando o acceso a programas formativos de interese
- Facilitar o acceso ás empresas a axudas públicas
- Prestar servizos de asesoramento empresarial
- Establecer acordos de colaboración con outras entidades alleas á Rede, tanto de natureza privada como pública
- Promover a mellora do rendemento das empresas que compoñen a Rede
- Favorecer a innovación dentro das empresas da Rede
- Proporcionar apoio no inicio de actividade ás novas empresas a través de asesoramento e procesos de mentoring
- Facer partícipes da iniciativa a persoas emprendedoras e outras pequenas e medianas empresas da comarca
Imprimir