Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Resultados e boas prácticas »

Resultados e boas prácticas

Boas prácticas
Equal Compostela Social ofréceche aquí un espazo para o intercambio das experiencias, dos logros e dos resultados derivados da posta en marcha do seu proxecto.

Como resultado dun proceso de análise e identificación de boas prácticas no marco das accións do Grupo Temático Nacional de Creación de Empresas concluíuse que o proxecto liderado pola AD Compostela Social, xunto con outros dous, foi seleccionado por presentar as mellores ensinanzas en termos de empresarialidade inclusiva.

Tamén elaboramos unha serie de produtos relevantes para incrementar as competencias das persoas emprendedoras e do persoal técnico que traballa nunha sociedade que loita en prol da igualdade de xénero.

Poñemos, por isto, á vosa disposición a seguinte información:

Plano de empresa
Amosámosche como facer o teu propio Plano de empresa, entendido este como o documento que servirá de carta de presentación do teu proxecto empresarial. Nel recollerase a definición da idea, a descrición do produto ou servizo, o plano de produción, o plano de marketing, os recursos humanos necesarios e o plano económico-financeiro.

Trátase dunha ferramenta que pretende dar solucións e respostas xerais aos requirimentos de calquera tipo de negocio, por iso hai que indicar que para cada caso concreto será necesario acudir a outras fontes e instrumentos diferentes, segundo as características concretas de cada idea de negocio.


Banco de ideas empresariais
Achegámosche esta valiosa ferramenta que contén unha diagnose da situación socioeconómica da Comarca de Santiago de Compostela, mediante a cal podedes detectar as oportunidades de negocio que mellor encaixen co voso perfil como persoas emprendedoras.


Manual de xénero
A través deste manual pretendemos enfocar e dirixir baixo a dimensión de xénero, tal e como entendemos e xa utilizamos no proxecto Equal Compostela Social, os servizos prestados polos técnicos e técnicas na orientación e asesoramento a persoas emprendedoras.


Directorio de empresa
Dende que en novembro do 2005 se puxera en marcha o proxecto Equal Compostela Social marcámonos como ambicioso obxectivo crear 50 empresas. Case dous anos despois xa levamos constituídas 61 empresas. das cales 42 foron promovidas por mulleres o que significa o 68,88% e 19 por homes (31,12%).

Con respecto aos sectores de actividade, podemos atopar unha gran variedade, o que lle da riqueza ao propio proxecto (comercio, servizos socioeducativos, culturais, hostalería, deseño gráfico, producións audiovisuais, etc.).


Outros documentos:


Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo