Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Consellería de Traballo »

Consellería de Traballo

Consellaría de Traballo
A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, segundo o disposto no Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é competente no desenvolvemento das políticas activas de emprego en Galicia. Seguindo os principios de complementariedade e transferencia ás políticas xerais daquelas actividades desenvolvidas e validadas dentro do proxecto Equal Compostela Social participa, a través da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, como órgano executor de parte das actuacións desenvolvidas no marco do proxecto Equal Compostela Social.

Así, a Consellería de Traballo, dado o seu carácter de organismo público de carácter autonómico, xoga un papel fundamental na visibilidade e transferencia do proxecto Equal Compostela Social.

Así mesmo, esta Consellería é a encargada de realizar a avaliación externa do proxecto, acción que na actualidade se atopa en fase de selección do/da adxudicatario/a xa que será levada a cabo por unha empresa externa.

Igualmente, a Consellería de Traballo asume a xestión do réxime de axudas creado, no marco do proxecto Equal Compostela Social, para subvencionar tanto a creación e constitución de novas empresas coma o inicio de actividade empresarial como autónomos/as, cun importe total para os anos 2006 e 2007 de 224.000 euros. As bases reguladoras deste programa foron publicadas na Orde do 25 de setembro de 2006 pola que se aproban as bases reguladoras do programa de axudas á xeración da actividade no marco do proxecto europeo Equal Compostela Social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2006 (DOG número 190. Luns, 2 de outubro de 2006).

Con data 15 de decembro de 2006 presentáranse na Consellería de Traballo 30 solicitudes (21 de Santiago de Compostela, 4 de Val do Dubra, 3 de Ames e 2 de Brión).

« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo