Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Universidade de Santiago de Compostela »

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) iniciou no último trimestre de 2005 a súa colaboración na implementación do proxecto Equal presentado pola AD Compostela Social.

As accións nas que participou a USC durante esta primeira fase do proxecto son as que se relacionan a continuación:

1. Realización dun relatorio na xornada de presentación do proxecto Equal Compostela Social denominada A incorporación sociolaboral polo emprendemento.

2. Accións de difusión e sensibilización. Os obxectivos fundamentais que se perseguiron coa realización destas actuacións foron os seguintes:

  • Sensibilizar e motivar a potenciais emprendedores/as
  • Favorecer a xeración de ideas de negocios a emprender na comarca de Santiago
  • Fomentar o espírito de empresa entre os colectivos destinatarios das accións
  • Captar emprendedores/as para a súa incorporación ás seguintes fases do proxecto Equal Compostela Social
As actividades de difusión e sensibilización artelláronse a través de dous tipos de xornadas:
  • Xornadas de difusión da cultura emprendedora e empresarial dirixidas a todas aquelas persoas con inquedanzas emprendedoras pertencentes aos concellos da comarca de Santiago.

    Nestas xornadas, que adoptaron a forma de charla-coloquio, participaron ademais das entidades promotoras do proxecto, emprendedores/as e empresas xa constituídas para achegar a súa experiencia e motivar os/as asistentes a poñer en marcha as súas ideas de negocio dentro deste programa
  • Xornadas de información, orientación e animación sociolaboral. Estas xornadas de eminente carácter práctico e participativo, consistiron na realización por parte dos/das potenciais emprendedores/as, de traballos e reflexións grupais arredor de dúas temáticas: as actitudes, habilidades ou cualidades básicas do/da emprendedor/a e a creación dunha empresa

3. Docencia de 8 horas do módulo de habilidades sociais para o emprendemento durante a terceira fase do proxecto Equal Compostela Social: 2 horas no concello de Val do Dubra, 2 horas no concello de Teo e 4 horas no concello de Santiago de Compostela.

« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo