Inicio »
Proxecto ECS »
Entidades socias »
Concello de Val do Dubra »
Concello de Val do Dubra
O concello de Val do Dubra, con 108,7 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 4605 habitantes cunha media de idade de 48,1 anos e co 63% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.
En canto á economía deste concello, o sector no que hai máis persoas ocupadas é o de servizos seguido dos de agricultura, construción, industria e pesca. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que 481 traballadores/as se dedican á agricultura, 2 á pesca, 271 á industria, 274 á construción e 766 ao sector servizos.
Segundo o estrato de persoas asalariadas, Val do Dubra conta con 258 microempresas, 5 pequenas empresas e 2 medianas empresas.
En canto á clasificación por condición xurídica, 189 empresas están creadas por persoas físicas, 61 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen outro tipo de sociedades. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 195 empresas dedícanse ao sector servizos, 47 á construción e 23 á industria. Val do Dubra conta con 54 establecementos comerciais e 331 explotacións bovinas.
Val do Dubra en Equal Compostela Social
O concello de Val do Dubra como membro da Agrupación de Desenvolvemento Compostela Social realizou as seguintes actuacións:
- Identificación e captación de persoas emprendedoras:
- O concello de Val do Dubra participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do Proxecto Equal Compostela Social. Concretamente neste concello realizáronse dúas xornadas de sensibilización: O autoemprego: unha alternativa laboral, que tiveron lugar o 28 de outubro de 2005 na Casa da Cultura de Val do Dubra e o 5 de novembro de 2005 na Casa do Concello. Así, inicialmente neste concello asistiron 23 persoas á primeira xornada, 6 á segunda e finalmente participaron do proceso de formación 6. Destas, 3 formáronse en Ames durante a primeira fase, 1 en Brión durante a segunda fase e 2 en Val do Dubra durante a terceira fase.
- Formación e cualificación de persoas emprendedoras:
- 5 usuarios/as do Proxecto Equal Compostela Social participaron no proceso de formación no Concello de Val do Dubra levado a cabo durante a terceira fase do mencionado Proxecto, entre eles 2 mulleres. Destes 5 emprendedores/as 3 eran procedentes do concello de Val do Dubra, 1 do concello de Ames e 1 do concello de Santiago de Compostela.
- Asesoramento a persoas emprendedoras:
- As 5 persoas emprendedoras que participan na fase de formación en Val do Dubra reciben asesoramento para constituír a súa empresa.
Finalmente, a data 15 de decembro de 2006, neste concello estaban constituídas dúas empresas promovidas por emprendedores do propio concello:
Acceso a financiamento
O concello de Val do Dubra facilita o acceso das persoas emprendedoras a sistemas de financiamento existentes e a busca de novas fórmulas alternativas que favorezan a actividade autónoma das persoas participantes. Así, concretamente o persoal técnico deste concello realizou as seguintes xestións:
- 4 solicitudes de Axudas do Proxecto Equal Compostela Social dotadas cada unha delas cun importe máximo de 4.800 euros
- 2 solicitudes de Iniciativa Local de Emprego (ILE) concedidas
Eliminación de barreiras
O Proxecto Equal Compostela Social, coa finalidade de eliminar barreiras á participación nas accións formativas a persoas que tivesen cargas familiares, estableceu a concesión de vales de 10 euros diarios para utilizar os servizos de gardería, coidadores, centros de día ou auxiliares de axuda a domicilio. O concello de Val do Dubra, ao igual que o resto de membros da Agrupación de Desenvolvemento Compostela Social, facilitou esta axuda aos/ás beneficiarios/as do Proxecto, aínda que ningún deles reunía os requerimentos precisos para a concesión da axuda.
Non obstante, todas as persoas emprendedoras recibiron unha axuda de transporte de 6 euros por cada día que asistiron á formación.
O equipo
O equipo de profesionais encargado de desenvolver o Proxecto Equal Compostela Social no concello de Val do Dubra está formado por:
- María del Carmen González Lestón: Axente de Desenvolvemento Local
- Ana Lucía Calviño Canedo : titora de iniciativas empresariais (incorporada en maio de 2006)
« Volver
Imprimir