Inicio »
Proxecto ECS »
Entidades socias »
Concello de Teo »
Concello de Teo
O
Concello de Teo, con 79,3 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 16.809 habitantes cunha media de idade de 39,4 e co 71% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.
En canto á economía deste concello, gran parte da poboación dedícase a actividades do sector servizos e séguenlle en importancia os sectores de industria e construción respectivamente. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que 165 traballadores se dedican á agricultura, 20 á pesca, 922 á industria, 904 á construción e case 4500 ao sector servizos.
Segundo o estrato de asalariados, Teo conta con 1.022 microempresas e 54 pequenas empresas.
En canto á clasificación por condición xurídica, 711 empresas están creadas por persoas físicas, 276 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas sociedades anónimas e cooperativas. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 816 empresas dedícanse ao sector servizos, 164 á construción e 97 á industria. Teo conta con 101 establecementos comerciais e 191 explotacións bovinas.
Teo en Equal Compostela Social
O concello de Teo como membro da
AD Compostela Social realizou as seguintes actuacións:
- Identificación e captación de persoas emprendedoras:
- O Concello de Teo participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto Equal Compostela Social. Concretamente neste concello realizáronse dúas xornadas de sensibilización: O autoemprego: unha alternativa laboral que tiveron lugar o 27 de outubro de 2005 no centro sociocultural da Ramallosa e o 3 de novembro de 2005 no centro da Sociedade Recreativa de Calo. Así, inicialmente neste concello asistiron 10 persoas á primeira xornada, 3 á segunda e finalmente participaron do proceso de formación 6 dos cales 5 se formaron no propio concello de Teo e 1 no concello de Santiago de Compostela.
Entre as accións encamiñadas á identificación e selección das persoas emprendedoras para a primeira etapa do proxecto realizáronse unhas xornadas de difusión da cultura emprendedora A creación de empresa aberta a todas e todos que tiveron lugar en Teo os días 15 e 16 de decembro de 2005.
- Formación e cualificación de persoas emprendedoras:
- 19 persoas do proxecto Equal Compostela Social participaron no proceso de formación no Concello de Teo levado a cabo durante a segunda e terceira fase do mencionado proxecto, entre eles 12 mulleres. Entre estas 19 persoas emprendedoras 5 eran procedentes do concello de Teo, 5 do concello de Santiago de Compostela, 4 do concello de Ames e 1 do concello de Boqueixón.
- Asesoramento a persoas emprendedoras:
- As 19 persoas emprendedoras que participaron na fase de formación no concello de Teo recibiron asesoramento para constituír a súa empresa.
Acceso a financiamento
O concello de Teo facilita o acceso das persoas emprendedoras a sistemas de financiamento existentes e a busca de novas fórmulas alternativas que favorecesen a actividade autónoma das persoas participantes. Así, concretamente o persoal técnico deste concello estudiará a posibilidade de solicitar as seguintes axudas:
- Axudas do proxecto Equal Compostela Social dotadas cada unha delas cun importe máximo de 4.800 euros
- Iniciativas Locais de Emprego (ILE)
- Microcréditos
Eliminación de barreiras
O proxecto Equal Compostela Social, coa finalidade de eliminar barreiras á participación nas accións formativas a persoas que tivesen cargas familiares, estableceu a concesión de vales de 10 euros diarios para utilizar os servizos de gardería, coidadores, centros de día ou auxiliares de axuda a domicilio. O concello de Teo, ao igual que o resto de membros da AD Compostela Social, ofreceu esta axuda ás persoas emprendedoras do proxecto aínda que ningunha das persoas do proxecto Equal Compostela Social formadas neste concello é beneficiaria dos mencionados vales.
Non obstante, todas as persoas emprendedoras recibiron unha axuda de transporte de 6 euros por cada día que asistiron á formación.
O equipo
O equipo de profesionais encargado de desenvolver o proxecto Equal Compostela Social no concello de Teo está formado por:
- Diego Viña Feás: Técnico Local de Emprego
- Isabel Blanco Costoya: titora de iniciativas empresariais (incorporada en xuño de 2006)
- Abel Alonso Álvarez: docente de curso de emprendedores (incorporado en xuño de 2006)
« Volver
Imprimir