Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Concello de Santiago de Compostela »

Concello de Santiago de Compostela

Titoría Santiago
O Concello de Santiago de Compostela, con 220,6 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 92.919 habitantes cunha media de idade de 41,8 anos e co 70% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.

En canto á economía deste concello, a maioría da poboación dedícase a actividades do sector servizos e séguenlle en importancia os sectores da construción e da industria respectivamente. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que 741 traballadores se dedican á agricultura, 124 á pesca, 3836 á industria, 3.381 á construción e 29.847 ao sector servizos.

Segundo o estrato de asalariados, Santiago de Compostela conta con 7606 microempresas, 433 pequenas empresas, 74 medianas empresas e 8 grandes empresas.

En canto á clasificación por condición xurídica, 4.761 empresas están creadas por persoas físicas, 2.197 son sociedades limitadas, 256 sociedades anónimas, 44 cooperativas e 863 empresas correspóndense con outro tipo de sociedades. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 7.010 empresas dedícanse ao sector servizos, 628 á construción e 483 á industria. Santiago de Compostela conta con 2.039 establecementos comerciais e 669 explotacións bovinas.

Santiago en Equal Compostela Social

O Concello de Santiago de Compostela ten entre as súas prioridades o fomento do emprego a través do espírito empresarial e a creación de empresas e como membro da AD Compostela Social realizou as seguintes actuacións:

Identificación e captación de persoas emprendedoras:
O Concello de Santiago de Compostela participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto Equal Compostela Social. Concretamente, realizáronse as seguintes actividades:
  • Xornada de presentación oficial do PIC Equal Compostela Social na cidade de Santiago de Compostela, o día 20 de outubro de 2005.
  • Percorrido polos sete concellos da comarca da Caravana Equal Compostela Social que se instalou en diversos puntos estratéxicos para distribuír información: carteis, trípticos, etc.
  • Difusión a través de cuñas de radio nas emisoras máis escoitadas así como anuncios nos xornais de maior tirada.
  • Xornadas de sensibilización Emprender, por qué non? que tiveron lugar en numerosos lugares do concello de Santiago de Compostela entre o 25 de outubro de 2005 e o 3 de novembro de 2005.

Inicialmente asistiron a estas xornadas 370 persoas e finalmente participaron no proceso formativo 75 das cales 69 se formaron no Concello de Santiago de Compostela, 5 no concello de Teo e 1 no concello de Val do Dubra.

Entre as accións encamiñadas á identificación e selección das persoas emprendedoras para a primeira etapa do proxecto realizáronse unhas xornadas de difusión da cultura emprendedora A creación de empresa aberta a todas e todos que tiveron lugar en Ames os días 19 e 20 de decembro de 2005.
Formación e cualificación de persoas emprendedoras:
Un grupo de 40 usuarios do proxecto Equal Compostela Social participaron no proceso de formación no Concello de Santiago de Compostela levado a cabo durante a primeira fase do mencionado proxecto, entre eles 34 mulleres. Destes 40 emprendedores 1 procedía do concello de Ames, 2 do Concello de Brión, 1 de Boqueixón e 36 do propio Concello de Santiago de Compostela.

Na segunda fase formáronse en Santiago de Compostela 12 persoas, das cales 10 eran mulleres. Destes 12 emprendedores 1 procedía de Dodro, 1 de Teo e 10 de Santiago de Compostela.

Na terceira fase do proxecto o Concello de Santiago de Compostela contou con 34 emprendedores, dos cales só 8 eran homes. A procedencia era de Ames en 9 dos casos, de Brión nun caso ao igual que de Vedra, e de Santiago de Compostela no resto.
Asesoramento a persoas emprendedoras:
Todas as persoas emprendedoras que participaron na fase de formación en Santiago de Compostela, agás as que se deron de baixa, recibiron asesoramento para constituír a súa empresa.

Finalmente, a data 15 de decembro de 2006, neste concello estaban constituídas 16 empresas, 15 delas promovidas por emprendedores do propio concello:

Acceso ao financiamento

O Concello de Santiago de Compostela facilita o acceso dos emprendedores a sistemas de financiamento existentes e a busca de novas fórmulas alternativas que favorezan a actividade autónoma das persoas participantes. Así, concretamente o persoal técnico deste concello realizou as seguintes xestións:
  • 21 solicitudes de axudas do Proxecto Equal Compostela Social dotadas cada unha delas dun importe máximo de 4.800 euros
  • 8 Iniciativas Locais de Emprego (ILE) concedidas e 4 en fase de tramitación
  • Presentación ao concurso de Novas Ideas Empresariais organizado polo Concello de Santiago de Compostela a través da Oficina de Promoción Económica e Emprego. Catro das empresas constituídas neste concello obtiveron premios:
    Na categoría xeral:
    • 2º Premio: Darredor. Deseño Gráfico. (4.000 euros)
    Na categoría de novas ideas empresariais promovidas por mulleres:
    • 1º Premio: Gazafello. Ludoteca (5.000 euros)
    • 2º Premio: Mercedes Morigosa. Servizo de Catering (4.000 euros)
    • 3º Premio: Seiva. Servizos integrais de educación de calidade (3.000 euros)

Eliminación de barreiras

O proxecto Equal Compostela Social, coa finalidade de eliminar barreiras á participación nas accións formativas a persoas que tivesen cargas familiares, estableceu a concesión de vales de 10 euros diarios para utilizar os servizos de gardería, coidadores, centros de día ou auxiliares de axuda a domicilio. O Concello de Santiago de Compostela, ao igual que o resto de membros da Agrupación de Desenvolvemento Compostela Social, facilitou esta axuda aos beneficiarios do Proxecto. Finalmente 4 dos que reuniron os requisitos optaron por desfrutalas.

Así mesmo, todos os emprendedores recibiron unha axuda de transporte de 6 euros por cada día que asistiron á formación.

Coordinación e xestión. Control de calidade

O Concello de Santiago de Compostela asume as tarefas da unidade de xestión formada esta por unha coordinadora xeral, un axente de desenvolvemento local, unha coordinadora de accións formativas, unha técnica de xestión e control financeiro e unha administrativa. Estes profesionais son os responsables de asegurar o avance do proxecto e a execución das accións previstas en tempo e forma, asegurando a calidade no desenvolvemento dos procesos inherentes ao proxecto, de maneira que se garanta a mellora continua na prestación dos servizos aos emprendedores. Así mesmo, son os encargados de realizar a avaliación interna e continua do proxecto.

Visibilidade e transferencia do proxecto

O Concello de Santiago, coa colaboración do resto de concellos da comarca, asume a responsabilidade de facer público nos medios de comunicación as informacións sobre as actividades e resultados do proxecto. Estas accións de publicidade iniciáronse coa captación de usuarios e mantéñense de maneira continua ao longo do proxecto na medida en que se fan públicos os avances e logros acadados así como as diferentes actuacións que se levan a cabo (cooperación transnacional, celebración de eventos e xornadas, etc.).

Así mesmo, identificaranse aquelas iniciativas e procesos que resulten exitosas para analizar as causas dos logros e avaliar as súas posibilidades de transferencia a outros contextos.

Seguimento e avaliación

O Concello de Santiago realiza a avaliación continua interna sobre os avances do proxecto Equal Compostela Social coa finalidade de coñecer a efectividade do proxecto na inserción sociolaboral dos colectivos aos que se dirixe así como o impacto do Proxecto na poboación en xeral.

O equipo

O equipo de profesionais encargado de desenvolver o proxecto Equal Compostela Social no concello de Santiago de Compostela está formado por:

  • Carme Casado Casado: coordinadora xeral
  • Francisco Xabier Ferreiro Campos: axente de desenvolvemento local
  • Marina Sandamil Andión: técnica de xestión e control financiero (incorporada en abril de 2006)
  • Natalia Domínguez Galán: coordinadora de accións formativas (incorporada en abril de 2006
  • Cristina Varela Vázquez: docente de curso de emprendedores (incorporada en abril de 2006)
  • Teresa López Mariño: docente de curso de emprendedores (incorporada en abril de 2006)
  • Mónica Sánchez Barral: administrativa (incorporada en setembro de 2006)


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo