Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Concello de Brión »

Concello de Brión

Titoría Brión
O Concello de Brión, con 74,9 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 6.849 habitantes cunha media de idade de 43,7 e co 65% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.

En canto á economía deste concello, gran parte da poboación dedícase á actividades do sector servizos e séguenlle en importancia os sectores de construción e agricultura respectivamente. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que 378 traballadores se dedican á agricultura, 13 á pesca, 313 á industria, 455 á construción e case 1.500 ao sector servizos.

Segundo o estrato de asalariados, Brión conta con 286 microempresas e 7 pequenas empresas.

En canto á clasificación por condición xurídica, 213 empresas están creadas por persoas físicas, 70 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas sociedades anónimas e cooperativas. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 213 empresas dedícanse ao sector servizos, 60 á construción e 20 á industria. Brión conta con 17 establecementos comerciais e 222 explotacións bovinas.

Brión en Equal Compostela Social

Como membro da AD Compostela Social, o Concello de Brión realizou as seguintes actuacións para a implementación do proxecto Equal Compostela Social:

Identificación e captación de persoas emprendedoras:
O Concello de Brión participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto. Concretamente neste concello realizouse a xornada de sensibilización: O autoemprego: unha alternativa laboral que tivo lugar o 5 de novembro de 2005 na Casa do Concello e á que asistiron 31 persoas, sendo finalmente 18 os emprendedores brioneses que participaron do proceso de formación: 3 en Santiago, 8 en Ames e 7 en Brión.
Formación e cualificación de persoas emprendedoras:
Un grupo de 14 usuarios do proxecto Equal Compostela Social participaron no proceso de formación no Concello de Brión levado a cabo durante a segunda fase do mencionado proxecto, entre eles 11 mulleres. Destes 14 emprendedores 1 era procedente do concello de Val do Dubra, 6 do Concello de Ames e 7 do propio Concello de Brión.

Os emprendedores brioneses que quixeron participar na primeira fase do proxecto formáronse, 2 deles, no Concello de Santiago de Compostela e 8 no concello de Ames. Igualmente, un emprendedor que se formou durante a terceira fase fíxoo no concello de Santiago de Compostela.
Asesoramento a persoas emprendedoras:
Os 14 emprendedores que participaron na fase de formación no concello de Brión recibiron asesoramento para constituír a súa empresa.

Finalmente, a data 15 de decembro de 2006, neste concello estaban constituídas dúas empresas promovidas por dúas persoas emprendedoras procedentes do mencionado concello:
Non obstante, dúas emprendedoras e un emprendedor formados neste concello constituíron a súa empresa nos concellos de Ames, Brión e Val do Dubra respectivamente.

Acceso ao financiamento

O Concello de Brión facilita o acceso das persoas emprendedoras a sistemas de financiamento existentes e a busca de novas fórmulas alternativas que favorezan a actividade autónoma dos participantes. Así, concretamente o equipo técnico deste concello realizou as solicitudes para dúas empresas das axudas do proxecto Equal Compostela Social, dotadas cada unha delas cun importe máximo de 4.800 euros.

Eliminación de barreiras

O proxecto Equal Compostela Social, coa finalidade de eliminar barreiras á participación nas accións formativas a persoas que tivesen cargas familiares, estableceu a concesión de vales para utilizar os servizos de gardería, coidadores, centros de día ou auxiliares de axuda a domicilio. O concello de Brión, ao igual que o resto de membros da AD Compostela Social facilitou esta axuda aos beneficiarios do proxecto, contando finalmente con unha persoa que solicitou a mencionada axuda.

Así mesmo, todas as persoas emprendedoras que participaron no proceso de formación recibiron unha axuda de transporte de 6 euros por cada día de asistencia.

O equipo

O equipo de profesionais encargado de desenvolver o Proxecto Equal Compostela Social no concello de Brión está formado por:

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo