Inicio »
Proxecto ECS »
Entidades socias »
Caixa Galicia »
Caixa Galicia
Caixa Galicia a través da súa
Obra Social, é membro da
AD Compostela Social, participando na acción de acceso aos sistemas de financiamento.
Esta acción ten como obxectivo promover e facilitar o acceso a sistemas de financiamento flexibles para a xeración da actividade económica aos/ás beneficiarios/as do proxecto Equal Compostela Social, despois de rematar os itinerarios formativos para apoiar a creación de empresas.
Deste xeito, Obra Social Caixa Galicia achega ao proxecto unha ferramenta innovadora como son os microcréditos para o autoemprego, que permiten o financiamento de proxectos viables de autoemprego promovidos por persoas sen acceso á rede de financiamento tradicional por carecer de garantías materiais e de avais. Esta ferramenta permite, na fase final do itinerario de emprendemento, financiar os proxectos viables de creación de empresas, posibilitando a súa materialización real.
Os criterios de acceso ao financiamento son a viabilidade dos proxectos empresariais, a responsabilidade e credibilidade das persoas emprendedoras así como as súas ganas de traballar. O requirimento para acceder a un microcrédito é a presentación dun plan de autoemprego para crear unha empresa que reúna condicións de viabilidade.
Os microcréditos de Caixa Galicia teñen un importe máximo de 12.000 euros a un prazo de 5 anos, con 6 seis meses de carencia opcionais e un xuro máximo do 4 por cento fixo, sen comisións de apertura, de estudo nin de amortización anticipada; excepcionalmente esta contía poderase incrementar ata 25.000 euros cando as características do proxecto así o xustifiquen.
A 15 de decembro de 2006 a actividade de Obra Social Caixa Galicia nesta liña foi:
|
|
Proxectos presentados | 4 |
Proxectos en fase de estudo | 1 |
Solicitudes presentadas a comité microcréditos | 3 |
Operacións aprobadas | 1 |
Operacións denegadas | 1 |
Operacións aprobadas en oficina (*) | 1 |
(*) Operación derivada á oficina da rede comercial de Caixa Galicia por non reunir perfil de microcrédito xa que o/a emprendedor/a dispón de amplo historial crediticio e de garantías materiais.
O responsable do proxecto Equal Compostela Social por parte da Obra Social de Caixa Galicia é o técnico Luís Liñares Barbeito.
« Volver
Imprimir