Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Concello de Ames »

Concello de Ames

Titoría Ames
O Concello de Ames, con 80 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 25.000 habitantes cunha media de idade de 36,5 anos e co 70% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos. Só o 11% dos amienses ten máis de 65 anos.

En canto á economía deste concello, un terzo da súa poboación dedícase a actividades do sector servizos, seguíndolle en importancia os sectores de industria e construción respectivamente. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que case 200 traballadores se dedican á agricultura, 20 á pesca, preto de 1.000 á industria, case 900 á construción e máis de 6.000 ao sector servizos.

Segundo o estrato de asalariados, Ames conta con 1.178 microempresas, 43 pequenas empresas e 6 medianas empresas.

En canto á clasificación por condición xurídica, 773 empresas están creadas por persoas físicas, 366 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas sociedades anónimas e cooperativas. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 1.019 empresas dedícanse ao sector servizos, 130 á construción e 78 á industria. Ames conta con 224 establecementos comerciais e 204 explotacións bovinas.

Ames en Equal Compostela Social

O Concello de Ames ten entre as súas prioridades o fomento do emprego a través do espírito empresarial e a creación de empresas e como membro da AD Compostela Social realizou as seguintes actuacións:

Identificación e captación de emprendedores:
O Concello de Ames participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto Equal Compostela Social. Concretamente neste concello realizáronse dúas xornadas de sensibilización: O emprendemento como alternativa ao emprego, que tivo lugar o 29 de outubro de 2005 na Casa da Cultura de Bertamiráns e O autoemprego: unha alternativa laboral que se desenvolveu o 3 de novembro de 2005 na Casa da Cultura do Milladoiro. Así, inicialmente neste concello asistiron 85 persoas á primeira xornada, 12 á segunda e finalmente participaron do proceso de formación 10.

Entre as accións encamiñadas á identificación e selección das persoas emprendedoras para a primeira etapa do proxecto realizáronse unhas xornadas de difusión da cultura emprendedora A creación de empresa aberta a todas e todos que tiveron lugar en Ames os días 14 e 15 de decembro de 2005.
Formación e cualificación de persoas emprendedoras:
Un total de 21 usuarios do proxecto Equal Compostela Social participaron no proceso de formación no Concello de Ames levado a cabo durante a primeira fase do mencionado proxecto, entre eles 12 mulleres. Destes 21 emprendedores 3 eran procedentes do concello de Val do Dubra, 8 do Concello de Brión e 10 do propio Concello de Ames.

Durante a segunda e a terceira fase de formación do proxecto o docente contratado por este concello impartiu docencia nos concellos de Brión e Val do Dubra, respectivamente. Non obstante, seis dos beneficiarios do proxecto formados no Concello de Brión durante a segunda fase procedían de Ames así como catorce dos formados na terceira fase nos concellos de Santiago, Teo, e Val do Dubra.
Asesoramento a persoas emprendedoras:
As 21 persoas emprendedoras que participaron na fase de formación en Ames recibiron asesoramento para constituír a súa empresa.

Finalmente, a data 15 de decembro de 2006, neste concello estaban constituídas tres empresas, dúas delas promovidas por emprendedores do propio concello:

Así mesmo, unha das emprendedoras formadas no concello de Ames constituíu a súa empresa no concello de Val do Dubra e outra no concello de Brión.

Acceso ao financiamento

O Concello de Ames facilita o acceso dos emprendedores a sistemas de financiamento existentes e á busca de novas fórmulas alternativas que favorezan a actividade autónoma das persoas participantes. Así, concretamente o persoal técnico deste concello realizou as seguintes xestións:

  • Tres solicitudes de axudas do proxecto Equal Compostela Social dotadas cada unha delas cun importe máximo de 4.800 euros
  • Dúas solicitudes de Iniciativa Local de Emprego (ILE): 1 delas foi concedida e outra está en fase de estudo por parte da Xunta de Galicia
  • Presentación ao concurso de Novas Ideas Empresariais organizado polo Concello de Santiago de Compostela a través da Oficina de Promoción Económica e Emprego. A empresa Maritza Abeleira-Centro de Formación en Moda gañou o terceiro premio (3.000 euros)

Eliminación de barreiras

O proxecto Equal Compostela Social, coa finalidade de eliminar barreiras á participación nas accións formativas a persoas que tivesen cargas familiares, estableceu a concesión de vales de 10 euros diarios para utilizar os servizos de gardería, coidadores, centros de día ou auxiliares de axuda a domicilio. O concello de Ames, ao igual que o resto de membros da AD Compostela Social, facilitou esta axuda aos beneficiarios do proxecto, sendo tres deles finalmente os que reuniron os requisitos para desfrutala.

Así mesmo, todas as persoas emprendedoras recibiron unha axuda de transporte de 6 euros por cada día que asistiron á formación.

O equipo

O equipo de profesionais encargado de desenvolver o proxecto Equal Compostela Social no Concello de Ames está formado por:

  • Juan Carlos Carreja Iglesias: Técnico Local de Emprego
  • Juan Cotanda Pascual: docente de curso de emprendedores (incorporado en febreiro de 2006)
  • María LLoves Castro: titora de iniciativas empresariais (incorporada en maio de 2006)


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo